Wikipedia

Resultados de la búsqueda

jueves, 14 de mayo de 2009

ALBA LÓPEZ, outro ano a mellor actriz do Festival de teatro intercentros 2009:

Onte, no Teatro Principal de Santiago tivo lugar a entrega dos premios do Festival de Teatro intercentros 2009. Un ano máis Alba López, alumna do noso instituto, o IES Antonio Fraguas, foi por segundo ano consecutivo a mellor actriz do Festival, polo seu traballo na obra O lado torto do mundo. Parabéns a Alba, e tamén a Martín, pola súa nominación.
No mesmo acto representouse a obra gañadora deste ano do Festival que organizan os equipos de normalización lingüística da comarca. O alumnado de 1º e 2º de Eso do "IES Rosalía de Castro" foron desta volta os triunfadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario