Wikipedia

Resultados de la búsqueda

domingo, 17 de mayo de 2009

Finou Mario Benedetti

O escritor uruguaio Mario Benedetti finou hoxe en Montevideo cando contaba 88 anos de idade. O autor de novelas, Primavera con una esquina rota, e poesía, sufría desde fai meses problemas de saude.
Benedetti é autor de máis de oitenta libros de poesía, novelas, contos, ensaios, e guións de cine, e foi galardoado co Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (1999), o Premio Iberoamericano José Martí (2001) e o Premio Internacional Menéndez Pelayo (2005). A súa derradeira obra publicada, o poemario "Testigo de uno mismo", foi presentada no mes de agosto de 2008.

No hay comentarios:

Publicar un comentario