Wikipedia

Resultados de la búsqueda

miércoles, 10 de junio de 2009

«Sol de Inverno» de Rosa Aneiros, premio Xerais 2009

O xurado da 26ª edición do Premio Xerais de Novela logo da súa última deliberación, acordou por maioría declarar gañadora á presentada baixo o lema “O retorno das aves”, e baixo o pseudónimo de Pillara que agachaba o nome da escritora Rosa Aneiros e corresponde ao título Sol de Inverno.

Rosa Aneiros naceu en Meirás-Valdoviñono ano 1976, estudiou xornalismo e hoxe é xornalista, traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación impresos e dixitais, entre eles culturagalega.org, na sección Agardando as lagarteiras, Xornal de Galicia, Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe, Diario de Ferrol, El País, Grial, Fadamorgana ou Casa da Gramática. Participa tamén no programa “Un día por diante” da Radio Galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario