Wikipedia

Resultados de la búsqueda

domingo, 17 de enero de 2010

A praia dos afogados de Domingo Villar, lectura de xaneiro





O relato elixido como lectura para o mes de xaneiro é o novo relato de Domingo Villar, A praia dos afogados. Estamos deseosos/as de encontrarnos de novo
ó inspector Leo Caldas, ese vigués radiofónico e sagaz que nos fixo pasar moi bos ratos en lecturas anteriores...
Nesta volta, Nigrán é escenario dun novo suceso que o inspector e o seu peculiar axudante Rafael Estévez terán que resolver.

4 comentarios:

  1. Teño moitas ganas de comezar a lelo. A verdade é que oín moitas boas opinións sobre este libro, opinións que de seguro compartirei cando o remate.

    Saúdos:)

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén comecei xa a lectura, e o Leo Caldas resúltame garimoso e tenro. Os e as que coñecedes a Domingo Villar, non terá algo do seu autor este detective? Agardo con ilusión o encontro en Panxón do mes de abril.

    ResponderEliminar
  3. Eu teño moitisimas ganas de leelo!! =D
    Falaronme moi ben dese libro! E de seguro que eu tamén falarei ben del, tenme unha pinta...xD
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  4. Pois eu non vexo esa semellanza con Domingo Villar... Non sei, el pareceume moita máis alegre e vivo... En canto ó libro, si a verdade é que falan moi ben del. Aínda non lin abondo como para facerme un xuízo. Pero Estévez xa parece máis centrado, xa non é aquel mangallón de antes. Se cadra é mellor así. Un saúdo,

    Guillermo

    ResponderEliminar