Wikipedia

Resultados de la búsqueda

domingo, 17 de enero de 2010

Record de participación na xuntanza do xoves... con Sherlock Holmes

Que interesante resultou o encontro do xoves pasado! Estivemos practicamente todos e todas, e con opinións moi diversas sobre a novela Estudio en escarlata de Conan Doyle. Algúns opinan que os relatos de detectives xa están un pouco demodés, ou incluso que non suscitan interés porque sempre o descubren todo... outros, pola contra, disfrutamos da lectura ou da relectura, que a máis de un sorprendeu. Varios comentamos que estamos a agardar pola estrea da película sobre Sherlock Holmes e o seu amigo Watson por ver se nos sorprende.
O tema dos mormóns suscitou tamén múltiples comentarios, como a estructura do relato, que sorprende a lectores e lectoras.
Agardo os vosos comentarios.

5 comentarios:

  1. Sí, a verdade é que me sorprendeu toda a xente que asistiu. Fixemos ben en cambialo para o xoves.

    Saúdos*

    ResponderEliminar
  2. As reunións concorridas sempre son as máis agradables. E que sorpresa os ósos de san Expedito. Tiña razón quen dixo que eran coma rosquillas, pero é igual: estaban ben bos.

    E coñecemos a toda a tropa de primeiro e segundo, que parecen moi espelidos (como a masa das rosquillas cando está ben feita...). E agora lancémonos a pola "Praia dos afogados", esta vez novela negra. Espero que teña un asasinato tan morboso como da vez anterior.

    Un saúdo,

    Guillermo

    ResponderEliminar
  3. Sí que foi koita xente, e eu pasaimo moi ben. Terei que agradecer a Sara que me obligase a ir con ela... =D
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  4. Eii! Que eu non che obriguei a nada...Era decisión túa, eu só che preguntei xD

    ResponderEliminar
  5. Si.. Preguntabasme unha vez cada 5 minutos...¬¬'' E ademais¿ Por que te pos a defensiva? xD Vale non me obrigaches directamente, ero indirectamente... xD

    ResponderEliminar