Wikipedia

Resultados de la búsqueda

miércoles, 17 de febrero de 2010

Comenius en Espergaerden (Dinamarca)

Andrea, Ariadna, Andrea, Carmen, Laura, Pablo e Charo, Chus e Pili asistimos á xuntanza europea co alumnado danés, letón, finés e xermánico, na cidade de Espergaerden, pasamos frío... pero aprendemos moito e disfrutamos dabondo.

O primeiro día foi de encontro, e preparación das preguntas que formulariamos ó maior, alcalde de Elsingor na sesión que se celebraría no concello. A visita e encontro con señor alcalde foi de interés, pois coñecimos as debilidades de todo sistema democrático, tamén do danés. Sempre se aprende.
Pola tarde visita á capital, Copenhage, que é unha cidade tranquila e fermosa, pero de nivel de vida alto, é todo caro.
Nos días sucesivos, visita ó Castelo de Kronborg, ou castelo de Hamlet, visita moi interesante, pois vimos esculpido a Erik, o vikingo, seique, según o pobo danés, durme ata que teña de defendelos de xeito activo. ¡Que fermosa lenda! Visitamos Elsingor e Espergaerden.
Conversamos con un candidato socialdemócrata ó parlamento danés, ó que os e as estudiantes formularon preguntas que el respondeu amablemente.
Tamén tocou pintar máscaras, para a mascarade, o pobo danés celebra, coma nós, o entroido. E logo compartimos cea.
Asistimos e participamos na posta en común sobre os diversos sistemas de participación do alumnado no goberno dos centros educativos e reflexionamos sobre a necesidade de ser activos. E, sobre todo, fixemos moitos amigos e amigas.

1 comentario:

  1. Xa sabedes que o vocán islandés non nos deixou viaxar a Smiltene en Letonia esta semana(19-23 abril), tal e como tiñamos previsto o alumnado e profesorado das escolas dos cinco paises participantes no Programa Comenius (Letonia,Alemaña,Dinamarca,Finlandia e España). Ainda que foi moi decepcionante xa buscamos unha solución e acordamos que faremos ese encontro internacional en Letonia na semana do 13 ó 17 de setembro. Daquela o tempo será máis agradable nesas terras Bálticas e disfrutaremos da nosa estancia alí. Despois faremos nos de anfitríóns recibindo en Santiago ás delegacións dos catro países probablemente en novembro.

    ResponderEliminar