Wikipedia

Resultados de la búsqueda

lunes, 8 de marzo de 2010

A praia dos afogados xuntounos o xoves


O xoves xuntámonos os lectores e lectoras do Ptolomeo en torno ó novo título de Domingo Villar, A praia dos afogados,que en xeral gustou.
Algúns opinan que tal vez é un pouquiño extensa de máis, e o ritmo narrativo, sobre todo ó comezo é lento, pero en xeral a novela interesou e favoreceu a súa lectua.
O inspector Caldas,que ten de Domingo Villar?, Que pasa con Alba? son algunha das preguntas que os ptotolomeos e ptolomeas pensamos facerlle ó autor cando teñamos ocasión.
Volvemos a refrendar, igual que logo da lectura de Ollos de auga, que ambientar a trama de novela negra na nosa terra parécenos moi interesante.
A próxima lectura será A expedición do Pacífico de Marilar Aleixandre. Podedes ir empezando xa...
Saúdiños

1 comentario:

  1. Pois si, a verdade é que este libro encantoume, e son incapaz de verlle pegas. Xa teño unhas ganas inmensas de facer o roteiro e atoparnos con Domingo Villar.

    Saúdos,



    Sara

    ResponderEliminar