Wikipedia

Resultados de la búsqueda

miércoles, 24 de noviembre de 2010

O pracer de palicar con Begoña... e Penélope, e Ulises





Que "prazer" (voume permitir esta licencia) o encontro de hoxe con Begoña Caamaño, a autora de Circe ou o pracer do azul no que participamos máis de vinte lectoras e un lector.


Que ledicia escoitar os segredos da creación que tanto nos fixo gozar a todas! Que intercambio tan fermoso de visións.


Todas coincidimos en que Begoña trata a lingua con un agarimo e unha mestría pouco común nunha escritora primeiriza, coincidimos tamén en que ten traza de muller experta na escritura. Aclarounos o seu interés pola lingua, e o seu interés en atopar co galego aquela expresión que recrease ante o lector e a lectora o mundo da epopeia que tentaba pintar.


No tocante ó tema, coincidimos no acerto en non simplificar e debuxar cada un dos caracteres con unha mirada tenra e moi intelixente. Pode o amor transformar a un ser humano? E a guerra ... que efectos pode producir no que participa nela?
Animamos a ler Circe ou o pracer do azul, disfrutaredes.
Grazas Begoña, e ata pronto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario