
Neste mes leremos, por decisión dos membros do club Ptolomeo, a novela de Thomas Keneally, A lista de Schindler.
Este relato métenos de cheo no tema do nazismo, elexido para desenvolver antes da nosa viaxe á cidade de Berlín.
Oscar Schindler era alto e loiro, alemán e católico; estaba casado, pero as súas amantes disputábanse o privilexio de dedicarlle noites de diversión porque tiña cartos e era moi xeneroso. Non era un santo nin un heroe, pero este home foi quen de salvar a vida, á súa maneira, a moitos e moitas xudeas, detidas polos mandos alemáns, construindo en Cracovia unha fábrica...
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada