Os lectores e lectoras mozas do Club Ptolomeo, elixiron adentrarse no triste tema do holocausto, como preparación para a nosa viaxe a Berlín, do mes de marzo vindeiro. Este mes lemos, La lista de Schindler, de Thomas Keneally, o relato de aquel home, que facendo cartos salvou a moitos e moitas da cremación.
Esta esgazadora novela arrástranos
ata o Holocausto, centrándose na vida de Oskar Schindler, un alemán
que nace en Zwittau (República Checa) e pasa unha infancia rodeado
de amizades e veciños xudíos, sen amosar xamais interese ningún
pola distinción de razas. O único obxectivo da súa vida é chegar
ao máis alto, gabear pola escala social para encherse de poder, de
cartos, de mulleres. Tan forte é o pulo desas ambicións, que
chegará mesmo a seguir principios alleos a el, a tecer sobre a súa
alma unha máscara opaca coa que velará as súas verdadeiras
opinións co fin de introducirse entre as máis altas esferas de
poder. Deste xeito, conseguirá abrir unha fábrica de utensilios
culinarios, a Deustche Email Fabrik, na que empregará a man de obra
máis barata: os xudíos. Nela xamais morrerá ningún deles, sempre
serán ben tratados e non vivirán amedrentados, pois terán o
convencemento de que non os agarda o crematorio. SARA RODRÍGUEZ ESPIÑEIRA, 4º ESO

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada