Wikipedia

Resultados de la búsqueda

jueves, 27 de septiembre de 2012

O Meiga Moira premia a Ana Mª Gallego

 A narradora galega Ana M. Gallego é a gañadora da 5ª edición do Premio Meiga Moira de Literatura infantil e xuvenil, coa novela Bandeira negra.

O xurado do 5º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2012, formado polas escritoras Marica Campo, Andrea Maceiras, gañadora do 4º Premio Meiga Moira coa obra Violeta tamurana, a profesora de ensino medio na Coruña Dores Fernández López, o ensaísta e profesor da UDC Carlos–Paulo Martínez Pereiro, que actuou de Presidente, e a directora editorial de Baía Edicións, María Belén López Vázquez, como secretaria, reunido o venres día 21 de setembro de 2012 resolveu conceder por unanimidade este Premio á obra presentada baixo o lema Mago Chalupa.
Abertas as plicas, a mesma resultou corresponder a presentada pola escritora ferrolá Ana María Galego Gen, que leva como título
Bandeiras negras
, e proposta para o tramo de idade de 12 a 16 anos. O Xurado destacou na obra gañadora, entre outros aspectos, que:
1) Supón a recuperación para a literatura galega do xénero clásico de aventuras e máis en concreto o da narración de piratas.
2) Incorpora unha perspectiva nova na voz narrativa feminina dunha escrava negra, reutilizando o recurso clásico da muller transvestida de home.
3) Dálle nova vitalidade ás personaxes d’
A Illa do Tesouro
, completando os contornos e a personalidade da figura do John Silver.
4) Emprega unha lingua axustada, expresiva e rica no desenvolvemento da historia.
5) Sérvese dos mellores recursos da técnica narrativa da
page-turner
, ao facilitar unha lectura continuada e implicar os lectores e as lectoras no narrado.
A obra será publicada por Baía Edicións na súa colección
Meiga Moira
antes de finalizar o ano e a autora recibirá 2.500 euros, cantidade coa que está dotado o Premio.
Noutra orde de cousas, o Xurado valorou a alta calidade e cantidade das obras presentadas, das que alcanzaron a selección final 27, o que evidencia o extraordinario momento que vive a literatura en galego dirixida ao público infantil e o importante xermolo de escritoras e escritores que está dando o país para seguir facendo avanzar o galego como idioma literario e de uso vehicular entre as nosas nenas e nenos.

A Coruña, 24 de setembro de 2012.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario