Wikipedia

Resultados de la búsqueda

jueves, 21 de febrero de 2013

Hoxe, Alfredo Conde e Margarita Estévez na Joyce´s Week


Hoxe disfrutamos dun día ben fermoso na Semana Joyce; ademais das actividades xa comentadas: exposición, xincana, vídeos... poidemos escoitar unha charla ben amena e interesante da profesora de Filoloxía inglesa, Margarita Estévez, quen fixo un percorrido pola novela Ulises, que despertou o interés de varias alumnas pola súa lectura... que máis se pode pedir, ese relato do día de Stephen Dédalus, Leopold e Molly Bloom, tan pouco lido, resulta atractivo para adolescentes que estudian latín, grego, humanidades... Isto, como ben dixo o outro invitado de hoxe, o escritor Alfredo Conde, gratifica e dinos "que non está todo perdido".
O outro invitado de hoxe foi o autor de Breixo, Xa vai o Grifón no vento, e traductor de varios dos poemas do autor irlandés, do poemario Chamber Music..., Alfredo Conde. O escritor comparteu lecturas con alumnado e profesorado do centro e falounos da súa experiencia como traductor e lector de Joyce. O acto rematou coa interpretación musical de varias pezas vencelladas ó escritor ó que adicamos esta semana.


No hay comentarios:

Publicar un comentario