Wikipedia

Resultados de la búsqueda

domingo, 24 de febrero de 2013

Peche da semana Joyce: teatro e música

O venres, e para pechar esta estupenda semana adicada ó escritor irlandés, autor do Ulises, asistimos á posta en escena, polo alumnado de Artes escénicas, de dous fragmentos do relato Retrato do artista cando novo dramatizados, os que presentan a dura disciplina do colexio de xesuitas no que Stephen Dedalus/James Joyce foi educado.
 Logo o alumnado de Música, ofreceunos un fermoso concerto de textos musicados do autor irlandés e composicións tradicionais irlandesas.
 O mesmo día cerrou a participación dos máis pequenos na xincana, da que coñeceremos os premios o próximo martes.
 Foi un perfecto remate das actividades dunha semana moi especial, que agardamos celebren os que veñan atrás de nós, dentro de vintecinco anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario