Wikipedia

Resultados de la búsqueda

jueves, 25 de abril de 2013

O Club Ptolomeo le en Hyde Park

Tal como tiñamos previsto, o día 6 de abril viaxamos quince lectores e lectoras, integrantes do Club Ptolomeo a Londres. Foron catro días ben intensos nos que poidemos apreciar a cultura, o carácter cosmopolita e aberto dos poboadores desta gran cidade, na que conviven, parece que en harmonía, xentes inglesas de cuna e outras moitas chegadas de múltiples lugares do mundo. É unha cidade onde "cada un vai ó seu", a verdade é que resulta ben grato ver persoas de moitas cores, costumes e hábitos que circulan pola city sen chamar a atención de ninguén. Tamén é satisfactorio  poder acceder a calquera museo sen pagar tasas, e sen que te prohiban ... podes facer fotos, escoitar a unha xubilada profesora de arte que colabora co Museo Británico explicar o Partenón e toda a escultura deste templo que este Museo atesoura.
Outra fermosa experiencia foi a visita que realizamos na compaña de Hanna, a guía inglesa, ó Shakespeare The Globe Theatre, na marxe disoluta do río Tamesis, réplica moi atinada do teatro onde o autor de Hamlet estreou as súas obras... Visitamos o Museo de Sherlock Holmes e a King´s Cross Station e casi entramos no mundo de Harry Potter...

Foi unha viaxe certamente estupenda, e xa comezamos a pensar na do próximo ano...

No hay comentarios:

Publicar un comentario