Wikipedia

Resultados de la búsqueda

lunes, 1 de julio de 2013

O Ptolomeo na casa de Rosalía ... pechou o curso, non as lecturas.

Lendo no xardín de Rosalía
 A fermosa historia de Ramón e a súa irmá pequena, que recrea Anxos Sumai en Así nacen as baleas, comentámola os membros do Club Ptolomeo no xardín que veu escribir á nosa Rosalía. O ombú estaba magnífico, e lembrounos a humanidade de Ramón e os camelios e as azaleas a delicadeza da pequena que ri co seu irmán. 
Pero non só conversamos sobre este relato, tamén limos poemas de Cantares galegos,  neste seu aniversario, e contos de Made in Galiza de Sechu Sende. 
 Resultou unha viaxe moi romántica e literaria, pois tamén visitamos a Macías, o namorado, ó que Padrón agasalla cunha estatua homenaxe, e contemplamos o Sar, que tanto inspirou a Rosalía.
    E falando de libros, lecturas e das vacacións volvimos no tren a Compostela, prometéndonos máis encontros e máis viaxes literarios no curso vindeiro, que chega antes do que pensamos. 

  Felices vacacións a todos e todas, e moi boas lecturas, que tedes que nos recomendar neste mesmo blog, e nas próximas xuntanzas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario