Wikipedia

Resultados de la búsqueda

domingo, 23 de febrero de 2014

A filla do mar/ La hija del mar de Rosalía, lectura del Ptolomeo

  

   Este mes, e para celebrar o aniversario do nacemento de Rosalía, imos ler unha das súas obras narrativas, as menos lidas da autora,  La hija del mar, que foi traducida por Olga Patiño, A filla do mar, e que poderemos ler en galego ou en castelán.
   A filla do mar relata a historia de Tareixa, a moza mariñeira que atopa unha filla que ven do mar nos brazos dos mariñeiros; Tareixa terá que ver como Esperanza, a rapaza, de fonda fermosura,  desperta o interés malsán dun home, Alberte, que quere escravizar ás dúas mulleres. Relato de interés, moi no espiritu romántico,  pero cunha mensaxe a favor das mulleres que a fai a súa lectura moi axeitada para os momentos actuais.
   Eliximos este relato na última xuntanza do Club para integrarnos no programa de actividades que vai desenvolver o instituto ó longo desta vindeira semana: Rosalía e o seu mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario