Wikipedia

Resultados de la búsqueda

jueves, 6 de febrero de 2014

 Antón Riveiro Coello visitou o noso centro para departir co Club da Libreta.

Onte tivemos o pracer de contar na nosa xuntanza do Club da Libreta co escritor da Limia, Antón Riveiro, autor prolífico e moi humano, que nos ilustrou sobre o proceso da escritura da fermosa novela da súa autoría, Laura no deserto.
 Que ledicia escoitalo falar das mulleres represaliadas nas guerras; trazou, para nós, unha fermosa semblanza de Mercedes Núñez, unha loitadora na Guerra Civil e na Resistencia francesa; compartíu con nós lembranzas  da súa familia, da súa experiencia de escritor...  
  Recomendounos unha lectura que ha ser a do mes en curso, o romance O Rei Branco, do autor húngaro György Dragomán, é unha obra surprendentemente madura e que recrea unha idade crucial: o paso da infancia à adolescencia. O seu protagonista, Dzsáta, é  fillo único...
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario