RosalÃa Castro vai centrar o traballo docente do
instituto ó longo da próxima semana, Ãmos desenvolver o proxecto
RosalÃa e o seu mundo.
O programa de actividades é
completo; escoitaremos a Pilar GarcÃa Negro, a Celia Armas e a
Francisco RodrÃguez, tres estudosos da autora, e que a coñecen moi
ben.
Recitaremos poemas da autora en dez linguas
diferentes do mundo: grego, latÃn, euskera, árabe, turco,
francés... Veremos varios documentais sobre a vida e a obra da
autora de Cantares Gallegos, e asistiremos á posta en escena
de dous espectáculos, musical un, e teatral o outro, preparados polo
alumnado dos diferentes cursos. Tamén faremos un roteiro polos
espazos rosaliás de Compostela, e unha ofrenda floral a RosalÃa, no
Panteón de Galegos Ilustres.
O deseño do cartel é xentileza da profesora de Plástica do instituto, Marisa Calderón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario