
A novela de Bram Stoker, Drácula, preséntanos a un vampiro dos malvados, dos bebedores de sangue humana. Sen dúbida parece que nun principio este personaxe é totalmente ficticio, saído da imaxinación de Stoker. Mais non é así. O autor baseouse nunha lenda para escribir a novela.
No século XV viviu en Romanía, no castelo de Bran, en Transilvania, un príncipe chamado Vlad Tepes, coñecido tamén como Draculea. Este apodo significa fillo do demo ou fillo do dragón, palabra que definía o carácter malvado e sádico do príncipe, pois del dicían que gardaba o sangue das súas víctimas para untar o pan da comida nel.
Vlad Tepes naceu no 1431, era fillo do rei Vlad II, que o entregou aos seus inimigos como refén. Vlad medrou en Turquía, no momento no que se executaba aos chungos con estacas, algo que xa o tiña engaiolado aos catorce anos.
Cando regresou ao castelo, o seu pai fora asasinado e o seu irmán, enterrado vivo. Entón desatouse a súa ira.
Aos vintecinco anos, logo de escapar da prisión, proclamouse rei. Convidaba ós seus inimigos a unha sala e obrigáballes a rezar. Nese momento o chan abríase e caían nun foso cheo de estacas de metal. Pronto esa costume convértese na súa obsesión, chegando a matar a cen mil persoas dese xeito.
Aos corenta e cinco anos os seus inimigos tendéronlle unha emboscada. Vencérono e cortáronlle a cabeza, e expuxérona no alto da torre do seu castelo.
Ao mesmo tempo que o rei morría formábase unha lenda que aínda agora, seis séculos despois, grazas a Bram Stoker, segue presente na nosa literatura e no noso entorno.
Sara Rodríguez Espiñeira, 2º Eso C