Wikipedia

Resultados de la búsqueda

jueves, 16 de abril de 2009

Morning Star, foi desta volta a protagonista

Na última xuntanza dos e das membros do Ptolomeo, este xoves na biblioteca do instituto, a protagonista foi a novela de Xosé Miranda, Morning Star.


Pasamos un bo rato comentando o ben que nos resultou a lectura; o Campanochoca e máis a Pindonga son personaxes que a todos nos prenderon, a algún gustoulle máis o Lázaro Rivadulla, o asasino rencoroso que persigue ó mozo Lourenzo Tasende ou Gómez, quen namora a Helena Rouco, a neniña metida a rillote para salvar a pel. E todo isto co fondo das loitas, históricas, e ambientadas en Pontevedra e Santiago, dos moderados e liberais do século XIX, as alusións ó xeneral Solis e os mártires de Carral.


Queredes pasar un bo rato e aprender sobre a historia de Galiza, lede Morning Star.

1 comentario:

  1. Un libro intenso e fantástico. Recoméndollo a todo o mundo.

    ResponderEliminar