Wikipedia

Resultados de la búsqueda

miércoles, 22 de abril de 2009

Xuntanza do Club de lectura do profesorado en torno a El Gatopardo

El Gatopardo, la novela de Tomaso di Lampedusa, é a lectura que convocou ós membros do Club de lectura do profesorado este mércores.
O comentario unánime recoñece que é unha gran novela, que recrea cun ambiente moi sensual e atractivo os derradeiros anos do século XIX italiano, e a grande transformación social que este país, e toda Europa, sofre. O cambio de réxime e de sociedade, o final dunha clase noble con grandes defectos, mais tamén con moitas grandezas, e a ascensión dunha clase burguesa zafia e pouco honesta queda refrexada no texto de Lampedusa. Coincidimos, asemade, no interés da lectura desta novela para explicarnos algúns dos fenómenos sociais da Italia de hoxe.
A próxima lectura deste Club ha ser A esmorga, de Eduardo Blanco Amor, novela que cumple cincuenta anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario