Wikipedia

Resultados de la búsqueda

miércoles, 8 de febrero de 2012

Logo de Cunqueiro, pasamos a Sherlock!



O mes pasado, os Xira, Copérnico! atrevímonos co libro de Cunqueiro Os outros feirantes, unha colección de relatos breves nos que don Álvaro amosa a súa mestría como retratista. Historias e personaxes que nos levan a unha Galicia que, por desgraza, cada vez queda máis lonxe...
Por se queredes ampliar información, o Instituto Cervantes ten un traballo ben xeitoso sobre o autor: http://cvc.cervantes.es/actcult/cunqueiro/
E para cambiar totalmente de terzo, en febreiro imos ler unha das obras máis destacadas de Sir Arthur Conan Doyle: O can dos Baskerville. Sherlock Holmes e Watson enfrontan unha das situacións máis complexas e desacougantes da súa carreira: desenmascarar o terrible segredo que aterroriza a familia Baskerville. Un libro magnífico para ler á noitiña, co vento bourando na ventá do cuarto...

No hay comentarios:

Publicar un comentario