Wikipedia

Resultados de la búsqueda

lunes, 18 de febrero de 2013

Bieito Iglesias abre a semana Joyce

 Hoxe o escritor e profesor Bieito Iglesias dictou no noso instituto unha interesante conferencia sobre O Universo James Joyce. O profesor Iglesias foi presentado polo vicedirector do centro, Xosé Antón Dobarro quen lembrou a aqueles membros do noso claustro que xa non están e que participaron nunha semana semellante fai vintetrés anos.
 Coa  interpretación de Golden Hair, texto de Joyce e musicada por Syd Barret, por un grupo de músicos e músicas do noso centro e a conferencia xa mencionada deu comezo a que vai ser a semana adicada ó escritor irlandés errante, e renovador diso que chamamos novela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario