Wikipedia

Resultados de la búsqueda

domingo, 17 de febrero de 2013

Joyce´s week / Semana Joyce

    Esta semana, do 18 ata o 22 de febreiro, a Biblioteca en colaboración con once departamentos didácticos do instituto desenvolve a actividade Joyce´s week, 130, 90, 25, que foi proposta polo dpto, de Filosofía e polo profesor Rafael Varela, en lembranza do nacemento do escritor irlandés, da publicación do Ulysses, e dos vintecinco anos do noso centro. Participan nesta actividade todos os cursos, ben na asistencia a conferencias, participación en lecturas, visionado de películas, concertos, actividades sobre a exposición audio-bibliográfica, xincana, dramatizacións...
  A exposición de material audiovisual e bibliográfico está aberta ó público nas horas lectivas, o resto de actividades son, fundamentalmente, para a comunidade educativa...
  O día 18, ábrese a conmemoración ca conferencia do escritor e profesor Bieito Iglesias, Universo Joyce e Golden Hair.
O día 19, visionarán numerosos grupos a película Los Muertos/ Dublineses, de John Huston.
O día 21, conferencia da profesora Margarita Estévez Saá, Intoducción á obra de James Joyce, e Textos de James Joyce en diversas linguas, Lectura na que participan o escritor e traductor de poemas do irlandés, Alfredo Conde, e varios membros do profesorado e do alumnado. Varios grupos de alumnado seguirán a ruta do Bloomsday a través do Google Maps.
O día 22, desenvolveremos Traduttore tradittore, na que contamos coa colaboración do catedrático de Lingua alemana, Profesor Carlos Buján. Disfrutaremos do concerto e dramatización de pezas sobre textos do escritor do Retrato do artista cando novo que prepara o alumnado de música e artes escénicas.
Ó longo da semana, xogaremos na xincana e nas palabras cruzadas, os/as que gañen terán premios sorpresa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario