Wikipedia

Resultados de la búsqueda

lunes, 24 de febrero de 2014

Pilar García Negro na Semana: Rosalía e o seu mundo

 Hoxe, 24 de febreiro, data do nacemento da nosa poeta, comeza a Semana adicada a Rosalía de Castro no IES Antonio Fraguas de Compostela.
 Hoxe, e como inicio da Semana Rosalía e o seu mundo, visitounos a investigadora e escritora Pilar García Negro, que dictou a conferencia Rosalía, a muller, a feminista, a escritora. 
 Foi unha satisfación e unha ledicia escoitar a Pilar na súa exposición brillante como sempre, e conmovedora na lectura de textos da autora de Cantares Gallegos.
 Grazas, Pilar, pola túa xenerosidade e o teu compromiso. 
 Mañán, innauguramos exposición de textos poéticos adicados a Rosalía por creadores e creadoras en castelán e en portugués, e faremos unha ofrenda floral na tumba de Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario