Wikipedia

Resultados de la búsqueda

martes, 2 de abril de 2013

Lois Diéguez co  Club da Libreta

    Lois Diéguez tivo a xentileza de viaxar da Coruña ata Compostela, para compartir con nós, lectoras e lectores do Club da Libreta, a nosa xuntanza de marzo.
     Deleitounos tamén cun documental sobre o oso de Salcedo, protagonista da novela que limos este mes, A poutada do oso. 
   Resultou un encontro moi amable e entrañable, como é Lois Diéguez, co que compartimos as nosas visións do romance, e descubrimos, unha vez máis, a riqueza que supón contar con quen nos proporciona o pracer de ler. 
   Lois deixounos, ó fío do tema do nacionalismo e as idiosincracias de cada pobo e de cada un de nós, unha proposta de lectura, que aceptamos de bo grado.  Ler El sueño del celta, de Mario Vargas LLosa, que aborda tamén o tema do nacionalismo irlandés, desde a figura de Roger Casement, e que explora o inxusto da historia que coñecemos.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario